ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

AULA TECNOLÓXICA DE ENERXÍAS RENOVABLES EN CONTEDOR MARÍTIMO ACONDICIONADO

O principal obxectivo do proxecto é modificar un contedor marítimo reciclado (antes empregado para o transporte de mercancías en barco), para convertelo nunha aula tecnolóxica didáctica de enerxías renovables. O contedor ten uns 12 m de largo e 2,4 m de ancho, polo que se optou por facer dous grandes espazos nos aproximadamente 30 m2 dos que se dispón:

  • 14,5 m2 serán unha sala técnica onde se instalarán os equipos de produción de enerxía (bombas de calor, acumuladores, sistemas de medida e regulación...)
  • 14,5 m2 serán unha vivenda/aula piloto, que terá plena autonomía enerxética, ao estar alimentada electricamente pola instalación solar fotovoltaica e climatizada a través da aerotermia e mais a xeotermia que se instalarán.

 

Nunha primeira fase executarase a apertura de ocos e colocación de fiestras e portas, para a continuación empregar solucións construtivas eficientes que diminúan a demanda enerxética do contedor (SATE...).

Instalaranse sistemas tecnolóxicos que permitirán a máxima autonomía dos espazos didácticos creados na aula, con aproveitamento das seguintes fontes de enerxía primarias renovables: solar térmica, fotovoltaica, aerotermia e xeotermia.

O proxecto inclúe o deseño dun sistema de monitorización que recollerá información sobre o funcionamento dos sistemas de captación de enerxía e dos puntos de consumo e redes de distribución. Deseñarase un algoritmo que establecerá as ordes para a regulación e control dos sistemas, obtendo datos sobre produción, gasto enerxético, rendementos…

Realizarase ademais a produción dun documental sobre a construción da aula tecnolóxica dende a gravación, execución técnica ata a montaxe do produto final.

Para a realización do presente proxecto implícanse varias familias profesionais do CIFP A FARIXA:

  • Familia de Enerxía e auga
  • Familia de Edificación e obra civil
  • Familia de Electricidade e electrónica
  • Familia de Imaxe e son

O proxecto implica unha importante mellora na calidade da formación e na futura empregabilidade e inserción laboral do alumnado desde dous grandes puntos de vista:

  • na fase de deseño e execución do mesmo, onde colaborarán activamente
  • no posterior uso didáctico da aula tecnolóxica de enerxías renovables obtida.

Destes beneficios lucraranse nos só os alumnos e alumnas do CIFP A Farixa, senón tamén o alumnado dos outros dous centros colaboradores co proxecto: IES 12 DE OUTUBRO e IES UNIVERSIDADE LABORAL.

 

No tocante ás empresas colaboradoras conseguíronse as seguintes colaboracións:

  • WEBER: colaborará cos revestimentos exteriores en SATE.
  • INGEO: asesoramento técnico-didáctico sobre enerxía xeotérmica.
  • SALTOKI: asesoramento sobre o aproveitamento sostible e eficiente das fontes de enerxía renovable.