ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

1981 ATA HOXE

O Centro Integrado de Formación "A Farixa" foi inaugurado no ano 1981, como centro de Formación Profesional para as especialidades de Electrónica de Comunicacións, Equipos de Informática e Delineación de Edificios e Obras, dos estudos da Lei de Educación de 1970, impartindo os dous niveis para a obtención dos títulos de Técnico Auxiliar (FPI) e Técnico Especialista (FPII), sendo Severo Pérez o "director fundador" do centro.

No ano 1992, como único centro da capital, acolleuse voluntariamente á implantación anticipada do Ensino Secundario Obrigatorio, completando máis tarde todo o ciclo de LOXSE coa impartición dos tres tipos de Bacharelato: Científico-Técnico, Ciencias da Natureza e Saúde e Humanidades e Ciencias Sociais. No seu momento tamén foi o primeiro centro en impartir ensinos dos ciclos formativos, comezando coa familia profesional de Electricidade e Electrónica, con ciclos de grao medio e superior, mellorando ata o momento a súa oferta coas familias de Edificación e Obra Civil e Hostalería e Turismo.

No curso académico 2006-07 pasa a denominarse CIFP A Farixa por transformación do IES A Farixa, segundo regúlase no Decreto 154/2006, no seu Anexo I.

 

NA ACTUALIDADE

Na actualidade a súa oferta educativa consta das familias profesionais de Imaxe e Son, Enerxía e Auga, Actividades Físico Deportivas, Edificación e Obra Civil, Electricidade e Electrónica e Hostalería e Turismo, ofertándose ciclos medios, ciclos superiores, tanto en réxime ordinario, distancia e Dual.
 
Esta oferta complétase coa, Acreditación de Competencias Profesionais en distintas familias e cursos de AFD para desempregados.