Este formulario está dispoñible para alumnos que cursaron e titularon algún ciclo formativo desenvolto no CIPF A Farixa
Información básica sobre protección de datos persoais.
Os datos persoais recollidos no presente formulario así como no currículum vitae anexo a este serán tratados na súa condición de responsable pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades coa finalidade xeral de xestionar a Bolsa de Emprego do CIFP A Farixa así como informar ás persoas interesadas sobre o correspondente proceso de selección. A lexitimación para o tratamento dos datos será o consentimento outorgado polas persoas interesadas. Os datos persoais poderán ser comunicados ás posibles entidades empregadoras aos efectos de que estas poidan valorar as diferentes candidaturas.
As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos, así como exercitar outros dereitos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Así mesmo, poderán retirar o consentimento previamente outorgado ante o propio centro docente. A retirada do consentimento non afectará a licitude do tratamento baseada no consentimento previo á súa retirada.
Os devanditos datos persoais serán conservados, salvo que as persoas interesadas retiren antes o seu consentimento previamente outorgado ou soliciten a súa supresión, ata que comuniquen a súa incorporación ao
mundo laboral ou como máximo ata dous anos desde a última actualización.
Transcorridos os prazos estipulados, o seu currículum será destruído, conservándose a presente autorización durante o tempo necesario para atender as responsabilidades que se poidan derivar do tratamento dos seus datos (tres anos).
Contacto coa persoa delegada de protección de datos e máis información en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos