Charla Día Internacional do Guía de Turismo
Con motivo do Día Internacional do Guía de Turismo, hoxe tivemos o pracer de contar no CIFP A Farixa coa visita de Fabio, de @guiamegalicia, nunha charla moi enriquecedora sobre a profesión de guía turístico/a.
O noso alumnado dos ciclos superiores de Guía, Información e Asistencia Turística puido coñecer de primeira man a realidade do sector, resolver dúbidas e achegarse ao día a día dunha profesión apaixonante.
Moitas grazas a Fabio Forino e a @guiasdegalicia por compartir a súa experiencia connosco e por seguir impulsando o valor das visitas guiadas.
#cifpafarixa #giat #guíasdegalicia #guíamegalicia #turismo #formaciónprofesional #visitasguiadas#
