A biblioteca do CIFP A Farixa convoca unha nova edición do Concurso de Portas Terroríficas. Podedes inspirarvos nas lendas galegas, na literatura, no cinema de terror ou inventar a vosa propia historia. O importante é crear unha proposta con personalidade. O orzamento non dá puntos: a creatividade, si!
Quen pode participar? Hai dúas modalidades:
- Alumnado: por grupos clase, decorando a porta da súa aula.
- Profesorado e persoal de servizos: decorando unha porta de departamento ou doutro espazo autorizado. Ata cando?
As portas deberán estar rematadas antes das 11:00 do venres 30 de outubro de 2026. Non é necesaria inscrición previa.
Que valorará o xurado? A creatividade e a orixinalidade, a relación co Samaín, o efecto visual, a reutilización dos materiais e o acabado da composición. Queremos portas que dean medo, pero que sigan abrindo! Empregade materiais lixeiros e fixacións reversibles, deixade libres os corredores e respectade os elementos de seguridade e accesibilidade.
Animádevos a participar!
Actividades-2026-27/Portas-terroríficas