O pasado xoves 24 de setembro, o alumnado de 2º curso de Termalismo, Proxectos de Edificación e Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos do CIFP A Farixa participou noutra xornada de aprendizaxe e inspiración fóra da aula.
A nosa primeira parada foi en Sende (Senderiz, Ourense), onde coñeceron de primeira man un modelo referente de coworking e coliving no medio rural. Unha experiencia clave para inspirar o talento emprendedor, a colaboración e a creación de proxectos sustentables na nosa provincia.
De volta, conectamos coa historia e o patrimonio territorial visitando o xacemento romano de Aquis Querquennis en Bande .
Seguimos impulsando o emprendemento e a conexión directa coa contorna!
Actividades-2026-27/Coworking-Senderiz