ACREDITACIÓNS     BOLSA DE EMPREGO

Oportunidade para o alumnado de segundo ano para a realización de probas de acreditación lingüística no CIFP A Farixa

O CIFP A Farixa convida ó alumnado a presentarse ás probas de acreditación diagnóstica de nivel de inglés que terán lugar no centro entre o segundo e o terceiro trimestre.

Trátasee dunhas bolsas que ofrece a Xunta para realizar este tipo de exames sen que o estudante incorra en ningún custo e que lle permitiría sacar unha acreditación de nivel. Neste caso só se pode presentar o alumnado de segundo ano de ciclos superiores ou medios. Aqueles alumnos interesados en recibir máis información ou directamente en apuntarse deberán dirixirse ó Departamento de Idiomas do centro e pedir falar co coordinador de Plurilingüismo, Luis, profesor de inglés. Terán que completar un formulario que estará dispoñible no departamento cos seus datos para que o centro poida rexistralos e pedir a bolsa.

Darase de prazo ata o próximo luns día 9. Unha vez contemos có número de alumnos/as dispostos/as a presentarse e a Consellería teña publicado a resolución coas bolsas ofrecidas, os estudantes poderán elixir entre dúas modalidades de exame (no rango B1-B2 ou Advanced para C1) e discutirase a data da proba.