Descubrindo a Ribeira Sacra a través dos sentidos
O pasado xoves, o alumnado dos ciclos formativos de Turismo tivo o pracer de vivir unha experiencia moi especial na Ribeira Sacra, participando nunha visita guiada sensorial da man de Francisco Almuiña, guía oficial de turismo cunha particularidade que fai aínda máis admirable o seu labor, pois é unha persoa con xordocegueira.
Da súa man percorremos o, denominado por el mesmo, Paseo das Bienamadas, un roteiro de 2,5 km. que forma parte dunha ruta máis ampla de 70 km entre Portomarín e Os Peares.
A xornada completouse cunha cálida acollida por parte de Francisco e da súa muller, Maruxa, na súa casa de turismo rural, Casa Romualdo, onde puidemos coñecer de primeira man outra forma de entender o turismo.
Desde o noso centro apostamos por un turismo máis sostible e accesible e quedamos cunha reflexión de Francisco que resume á perfección o que é necesario no turismo rural: ilusión e paciencia.
Actividades-2026-27/Descubrindo-Ribeira-Sacra
