ACREDITACIÓNS     BOLSA DE EMPREGO

Presentación da III Edición Estudios Abertos Ourense

O pasado martes, 22 de setembro, a galería Visol acolleu a presentación de terceira edición de Estudios Abertos, evento no que artistas ourensanos abren as portas dos seus estudios ao público por unha fin de semana, producido pola Maquinadora e alumnado de Produción do CIFP A Farixa; en colaboración co mesmo centro, e máis a Dirección Xeral de Cultura e a Deputación de Ourense.

Participaron na rolda de prensa, Vicky Mociños, antiga alumna e principal impulsora do evento; Silvia Domínguez, alumna de 2º de Produción; Tomás Lijó, profesor e xefe de Departamento de Imaxe e son; Marcos Vázquez, director da Área de Cultura da Deputación de Ourense; e Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura.

Este ano Estudios Abertos expándese a dúas fins de semana. Do día 16 a 18 de outubro, estudios ubicados fóra da cidade abrirán en calidade de Arte na Provincia. E entre o 23 e o 25, será a quenda daqueles estudios que si se ubican na cidade en si. O evento, ademais de ser un festival de arte que ocupa gran parte da provincia, nace como un proxecto práctico que ten partes de aprendizaxe de audiovisuais, xestión de eventos e espectáculos, planificación de espectáculos e eventos, afondamento de competencias profesionais, e, de maneira transversal, o resto de módulos do curso.