Xornalismo nas aulas: o alumnado do CIFP A Farixa aprende a desmontar noticias falsas.
O salón de actos do CIFP A Farixa acolleu hoxe, xoves 5 de novembro, a charla «Xornalismo nas aulas», un programa da Asociación de Periodistas de Galicia (APG) para traballar a alfabetización mediática nos centros educativos.
O relator foi José Pereira Fariña, profesor titular do Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e membro do grupo de investigación Novos Medios (novosmedios.gal). Explicou como se constrúe unha noticia falsa e deu estratexias para detectala. Ademais, falou das consecuencias penais e persoais que teñen as noticias falsas para quen as crea e para quen se converte no seu obxectivo.
Despois da charla, alumnado do novo grupo de Radio na Biblioteca estreou o estudio da radio escolar, que aínda está en construción, cunha entrevista ao propio relator. A entrevista poderá escoitala proximamente toda a comunidade educativa. Agradecemos á APG e a José Pereira Fariña a súa visita.
_________________________________________________________________________________________________________________________________
Actividades-2026-27/xornalismo-aulas
