Viaxe a Dublín
Ola a todas e a todos dende Dublín, onde estamos un grupo de alumnas e alumnos do CIFP A Farixa, de Ourense, realizando unha actividade de inmersión lingüística en inglés.
Ao chegar ao aeroporto estaban agardando por nós taxistas locais para levarnos xunto das nosas familias de acollida. Miña naiciña co acento dublinés! Tras cear coas "nosas familias" tivemos unha primeira toma de contacto coa cultura irlandesa no pub "The Confession Box" (lugar emblemático e de grande interese cultural debido á súa historia). Estivemos de palique con persoas da zona, moitas dos cales eran veteranas de guerra, e estivéronnos aconsellando e dando recomendacións sobre que facer en Dublín estes días.