“Rutas ADERCOU"
Nestes primeros días de clase o alumnado de segundo de Turismo (Axencias de viaxes e xestión de eventos e Guía, información e asistencia turística), vense mergullados nun proxecto de colaboración con ADERCOU (Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense) descubrindo as rutas de senderismo que ofrecen os nosos Concellos para reflectilas no anuario de ADERCOU 2022-2023 no que nos ilusionará ver pasar os meses!
Unha das fases para obter información fiable, é realizar un traballo de campo nas propias rutas para coñecer de primeira man as súas características, paisaxes e poder ofrecer recomendacións. Proba delo son estas fotos cedidas polo noso alumnado.
#Creando profesionais#