Coloquio de ADERCOU co alumnado de Turismo
O alumnado dos ciclos de Turismo do CIFP A Farixa asistiu esta mañá a un coloquio con Beatriz Martínez, xerente da Asociación de Desenvolvemento Rural Comarca de Ourense (ADERCOU), quen aproveitou para agradecer o traballo desenvolvido polo alumnado de segundo curso dos ciclos de Guía, Información e Asistencia Turísticas e de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos que participou na elaboración dunha guía de rutas de sendeirismo por distintos concellos da provincia de Ourense, conforme ao convenio asinado entre ADERCOU e o CIFP A Farixa.
Tamén participou, acompañando a Beatriz, unha ex alumna do centro e agora guía oficial de Xeitura, Noemí. Explicáronlle ao alumnado as posibilidades que hai na nosa provincia como futuros e futuras profesionais do sector turístico. Foi un encontro moi agradable onde o alumnado participou expoñendo as dificultades que atoparon durante a realización das rutas e as súas inquedanzas de cara ao seu futuro profesional.
Grazas por esta oportunidade de coñecer, de primeira man, a realidade turística dos concellos de Ourense.
#cifpafarixa #fpgalicia #ourense #formacionprofesional #turismo #educacion #fpdual #ara