Xornadas sobre distribución cinematrográfica
O alumnado do ciclo de Produción de Audiovisuais e Espectáculos asistiu o pasado luns a unha interesante xornada organizada pola AGAPI sobre “Distribuidoras e axentes de vendas”, onde se abordaron cuestións como as distribuidoras de cine no panorama actual, o papel dos axentes de vendas ou a xestión das comunidades na explotación cinematográfica.