Visita a axencias de viaxes minoristas
O alumnado de 2º CS Dirección de Axencias de Viaxes tivo unha saída formativa, para coñecer de primeira man, varias das axencias de viaxes minoristas da cidade de Ourense. Foi unha xornada moi gratificante e enriquecedora na que poideron ver todo o relacionado coa organización e dirección dunha axencia de viaxes desta tipoloxía, así como o deseño e distribución física deste tipo de oficinas. Moitas grazas ao personal de Viaxes El Corte Inglés, Halcón Viaxes e Viaxes Piña pola amable, profesional e instructiva acollida.