ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL            

Masterclass de dirección de actores de Jaime Chávarri

No contexto do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), o alumnado de 1º e 2º de Vídeo DJ e son do CIFP A Farixa asistiron á masterclass sobre dirección de actores do director español Jaime Chávarri, creador de filmes tan recoñecidos na historia do cinema patrio como "Las bicicletas son para el verano", "El desencanto" ou "Las cosas del querer".

Durante máis de tres horas os alumnos e alumnas do centro tiveron a oportunidade de ver a recreación de dúas escenas das películas "Un tranvía chamado desexo" e "A gata sobre o tellado de zinc" e as correccións do famoso director sobre a posta en escena das mesmas, participando ao final nun animado coloquio sobre a dirección de actores e a súa complexidade.