ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Roteiro cinematográfico

Os alumnos de 1º e 2º do ciclo medio de Vídeo Dj e Son do CIF A Farixa participaron nas "Excursións de Cine" do 27 Festival de Cine de Ourense (OUFF), unha actividade orientada a dar a coñecer diferentes escenarios da provincia onde se filmaron longametraxes e series televisivas ao longo dos últimos anos. Os alumnos coñeceron de preto as localizacións de San Pedro de Rocas (Esgos), Allariz e Celanova onde se gravaron proxectos audiovisuais recoñecidos como "Live is life", "A lingua das bolboretas", "Cuñados" ou "El desorden que dejas". Unha experiencia de cine para achegar Ourense ao noso alumnado.