ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL            

Saída formativa ao RIBEIRO

O pasado luns 17 de abril tivo lugar una salida formativa ao Ribeiro, a que asistiu o alumnado de Turismo, organizada dentro do módulo de #MarketingTurístico. Foi unha xornada moi instructiva e enriquecedora para os alumnos, na que visitaron a adega VIÑA COSTEIRA e o MUSEO DO VIÑO DE GALICIA.

No ano 2017 a cooperativa Viña Costeira, que nacera en 1968, decidiu apostar polo Marketing e profesionalizar a súa actividade enoturística, que nese momento xa existía con algunhas visitas guiadas esporádicas e sen unha estretaxia establecida. Como exemplo de aposta polo Turismo, crean en 2017 un departamento de Marketing e Enoturismo, que se ve claramente reflexado na súa gran evolución no relacionado coa imaxe corporativa, marca e diversificación do producto enoturístico.
Ao frente do departamento está Fátima, antiga alumna do noso centro (ano 2001) e Paula, tamén estudante no CIFP A Farixa. Grazas a todo o equipo de Viña Costeira pola súa amabilidade, en especial a Fátima, Óscar, María e Manuel.

A segunda parada da xornada foi para dar a coñecer ao alumnado o Museo do Viño de Galicia, que abriu as súas portas no ano 2019 e que conta cunha importante historia cultural e etnográfica de Galiza, albergando pezas salientables no cultivo da vide nas 5 DO de viño galegas. Grazas a César Llana por abrirnos as portas e a nosa guía Carlota polas súas explicacións e simpatía!