Visita ás oficinas de RESTEL, unha das plataformas de distribución de viaxes líderes no sector turístico
O pasado 8 de marzo o alumnado dos Ciclos de Turismo de Axencias de Viaxes, Guías e DUAL, desplazámonos ata Chantada para coñecer as instalacións do Grupo Hotusa, e especialmente para coñecer de primeira man o funcionamento de RESTEL, como exemplo dunha das centrais de reservas B2B máis importantes na venta de aloxamento e servicios soltos.
O Grupo Hotusa conta con máis de 40 anos de experiencia e con máis de 5.000 empregados, estando en Barcelona o seu centro neurálxico. Está articulado en torno a tres unidades de negocio, que inclúen Keytel, especializada en facilitar servicios a hoteis independentes, Restel, orientada á distribución e por último Eurostars Hotel Company, a área de operación hoteleira. No ano 2012 abriu as súas oficinas en Chantada, onde traballan máis de 200 persoas.
Agradecemos a Flavio Sabato a súa maravillosa acollida nas instalacións de Chantada, nunha xornada matutina moi enriquecedora para o noso alumnado.