POLO MIÑO ABAIXO...FOMOS
Un día magnífico, quizabes a auga un pouco fría de máis, para desfrutar dunhas horas de convivencia e natureza.
Alumnado de FP Básica, primeiro do GM de Instalacións de Telecomunicacións e de segundo de Axencias e de Guías, xunto con profesorado desas familias profesionais foron ver se o límite entre Galicia e Portugal, o río Miño, aínda estaba aí. Tamén se vían algunha lamprea ou troita de pé e, de paso, facer rafting.
Todo ben. Unha mañá divertida pasada por auga.