O alumnado de 2º de Produción visita a CRTVG
O alumnado do ciclo superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos do CIFP A Farixa visitou as instalacións da CTVG en San Marcos. Durante o percorrido asistiron á gravación en directo do informativo "Bos días", coñeceron o funcionamento interno dos programas e mesmo chegaron a participar en directo co presentador Kiko Novoa no directo da Radio Galega, con quen comentaron a súa visión da produción e como ven o seu futuro laboral.