Visita guiada por Ourense
Hoxe desfrutamos dun guiado polo centro de Ourense grazas ao traballo do noso alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Guía Información e Asistencia Turística. Acompañáronnos no percorrido, compañeiros do IES Vilamarín e un grupo de estudantes do IES Bahía de Marbella que xunto cos seus profesores Rafa e Bea viñeron a coñecer Galicia. É un pracer ver como os nosos alumnos e alumnas se converten en auténticos profesionais.