ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL            

Visita a Genera 2023 en Madrid

O xoves, 23 de febreiro, os alumnos e as alumnas dos ciclos de Enerxías renovables, Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica e Proxectos de edificación, viaxaron a Madrid para visitar a feira da enerxía GENERA 2023. A visita resultou de gran proveito para o alumnado pois puideron ver algunhas das principais liñas de investigación do momento en materia de enerxías renovables e eficiencia enerxética.

Ademais puideron asistir a algunhas conferencias sobre os avances tecnolóxicos en curso sobre a enerxía eólica e achegarse ás empresas e profesionais do mundo da enerxía. Pola tarde, os alumnos e as alumnas de Proxectos de edificación aproveitaron para visitar algúns edificios emblemáticos do centro de Madrid.