ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Roteiro arqueolóxico-etnográfico Cibdá de Armea e Santa Mariña de Augas Santas

 

O alumnado de Turismo visitou esta semana o Conxunto Arqueolóxico e Monumental do Castro de Armea e a igrexa de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), mediante un roteiro guiado por Noemi e Manuel de Xeitura.

Comezaron na igrexa románica de Santa Mariña de Augas Santas e despois, percorrendo parte do Camiño de Santiago rodeados de carballos centenarios, foron descubrindo, a través da historia e da lenda do martirio da Santa, unha realidade documentada que os levou ata o Castro de Armea, onde as excavacións anuais deixan á vista unha gran riqueza arqueolóxica.