ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

Visita ás instalacións da Cidade da Cultura e ás cubertas da Catedral de Santiago de Compostela

O xoves día 19 de xaneiro os alumnos e alumnas de tres ciclos formativos (Proxectos de edificación, Enerxías renovables e Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica) visitaron a Cidade da Cultura de Galicia (Gaiás) e máis as cubertas da Catedral de Santiago de Compostela.


Durante á visita ao Gaiás os alumnos e alumnas puideron camiñar polos túneles subterráneos da Cidade da Cultura polos que transitan, ademais dos vehículos de mantemento dos edificios, todas as canalizacións das instalacións térmicas, de auga e máis contra incendios do Gaiás. Visitaron tamén as salas técnicas de produción de calor, de refrixeración, sala de mando e control das instalacións e centros de transformación de enerxía eléctrica.


Xa pola tarde a visita tivo como obxectivo as cubertas da Catedral de Santiago de Compostela, onde apreciaron a estrutura arquitectónica da Catedral e tamén as vistas da cidade que se contemplan desde a torre da Carraca.