ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL            

Saída formativa ao Salnés

Na xornada de hoxe o Departamento de Turismo vén de realizar co alumnado desta especialidade unha saída formativa ao Salnés, coa finalidade principal de visitar as dúas axencias de viaxes maioristas máis importantes do territorio da Península Ibérica, no eido dos circuítos culturais e viaxes para grupos.
CN TRAVEL E INTERRÍAS abríronnos as súas portas para mostrarnos de primeira man como se estrutura, organiza, dirixe e controla o traballo nunha axencia desta tipoloxía, cun cadro de persoal de entre 70 e 150 empregados. Agradecemos especialmente a Lidia Vidal e a Satur o seu tempo, explicacións e atencións.

Por outra banda, para finalizar a xornada, o alumnado puido aprender todo o relacionado co cultivo do mexillón galego en batea e a súa posta en valor turístico, que fan no municipio mariñeiro do Grove, grazas ao paseo en barco turístico da empresa Neptuno-Sub pola ría de Arousa, con degustación de viño Albariño e mexillón da ría incluído.