ACREDITACIÓNS        BOLSA DE EMPREGO

EDUCALIDADE        PROFESORADO        AULA VIRTUAL          

FORMACIÓNS ACELERADAS


O CIFP A Farixa abre o prazo de inscrición para a II Edición da Formación Acelerada en Enerxías Renovables

O Centro Integrado de Formación Profesional A Farixa anuncia a apertura do prazo de inscrición para a segunda edición da súa Formación Acelerada, un programa intensivo dirixido a preparar profesionais cualificados nun sector en pleno crecemento: o das enerxías renovables.

As persoas interesadas poden solicitar información a través do teléfono 988 783 012 ou do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

O período de inscrición permanece aberto ata o 18 de decembro de 2025, e as clases darán comezo en xaneiro de 2026. A formación, cunha duración de pouco máis de cinco meses, ofrece dúas especializacións diferenciadas.


1. Organización e Proxectos de Instalacións Solares Fotovoltaicas (488 h)

Esta proposta formativa, de carácter parcial, pertence ao ciclo superior de Enerxías Renovables e está orientada ao deseño, montaxe e mantemento de sistemas fotovoltaicos en ámbitos residenciais e industriais.

Módulos incluídos:

  • Configuración de instalacións solares fotovoltaicas

  • Xestión da montaxe de instalacións solares fotovoltaicas

  • Itinerario persoal para a empregabilidade I

Modalidade: oferta ordinaria presencial, en horario de tarde, con 16 horas semanais ata maio. O programa complétase con prácticas en empresa ata mediados de xuño.


2. Organización e Proxectos de Instalacións Solares Térmicas (799 h)

Formación parcial vinculada ao ciclo superior de Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica, que permite ademais solicitar o carné RITE, necesario para instalar, manter e reparar sistemas térmicos de calefacción, climatización, ventilación e auga quente sanitaria. Tamén habilita para elaborar memorias técnicas cando non se requira proxecto segundo a normativa vixente.

Módulos incluídos:

  • Procesos de montaxe de instalacións

  • Representación gráfica de instalacións

  • Configuración de instalacións solares térmicas

  • Xestión da montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas

  • Itinerario persoal para a empregabilidade I

Modalidade: oferta ordinaria presencial, en horario de tarde, con 30 horas semanais ata maio. As prácticas en empresa prolongaranse ata finais de xuño.


Para máis información ou para formalizar a inscrición:
📞 988 783 012
📧 Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

#fpgalicia #fpacelerada #farixa #ourense