Convócase ás persoas matriculadas nas probas libres á xornada de acollemento e presentación do procedemento, que terá lugar:
Día: 03/06/2026
Hora: 12:00
Lugar: SALÓN DE ACTOS
Centro: CIFP A Farixa
Co fin de facilitar a participación das persoas aspirantes, habilitarase tamén a posibilidade de asistencia por vía telemática a través da seguinte ligazón:
Ligazón de acceso: https://meet.google.
A asistencia telemática terá os mesmos efectos que a presencial sempre que a persoa aspirante acceda á sesión co seu nome e apelidos, permaneza conectada durante o desenvolvemento da xornada e poida acreditar a súa identidade se lle é requirido. Para estes efectos, poderá solicitarse a exhibición dun documento oficial de identificación.
Esta xornada ten como finalidade trasladar a información necesaria para o correcto desenvolvemento das probas, explicar a súa organización, resolver dúbidas e lembrar as instrucións xerais que deberán seguir as persoas aspirantes.
Durante a sesión informarase, entre outros aspectos, sobre o calendario e horario das probas, aulas asignadas, profesorado responsable de cada módulo, estrutura das probas, material necesario ou permitido, criterios xerais de cualificación, publicación de cualificacións, procedemento de reclamación e normas de identificación, puntualidade, seguridade e desenvolvemento das probas.
Lémbrase que a xornada de acollemento forma parte do procedemento de organización das probas libres. A normativa establece que as persoas aspirantes serán convocadas á xornada de acollemento e a cada unha das partes da proba en único chamamento. Así mesmo, a inasistencia inxustificada á xornada de acollemento ou a calquera das partes da proba poderá dar lugar á baixa de oficio da matrícula da proba, nos termos previstos na Orde do 5 de abril de 2013.
A opción telemática habilítase exclusivamente para esta xornada informativa. A realización das probas terá lugar de forma presencial no centro, conforme o calendario, horarios e espazos que se publiquen.
As programacións das probas libres, o calendario e a demais información de interese estarán dispoñibles na páxina web do centro / taboleiro
Pregamos ás persoas aspirantes que revisen con atención a documentación publicada e que acudan ou se conecten á xornada con documento identificativo oficial.